Os nosos para familias, centros educativos, concellos, empresas e outras entidades

Comprender é o primeiro paso para acompañar e transformar. A formación é indispensable no camiño hacia o benestar.

Dende ÁGAPE ofrecemos formación sobre neurodiverxencias e benestar emocional dirixida a familias, profesionais, centros educativos, ANPAs, concellos, empresas, asociacións e outras entidades que traballan con infancia e adolescencia.

O noso obxectivo é achegar ferramentas prácticas que axuden a comprenderse mellor a un mesmo e ós demais, fortalecer vínculos e promover espazos máis inclusivos e saudables.

Os nosos Cursos Formativos constan de varias sesións impartidas por profesionais con ampla experiencia, e proporcionan coñecementos rigorosos actualizados e ferramentas prácticas a profesionais dos ámbitos educativo e social.

Afondamos en estratexias específicas para que poidas dar unha resposta eficaz e adaptada ás necesidades reais do teu día a día laboral.

A información é a mellor ferramenta para a prevención e a inclusión.

Dende ÁGAPE organizamos charlas formativas e divulgativas impartidas por profesionais con experiencia sociosanitaria e educativa.

Abordamos temáticas cruciais e relevantes na actualidade, así como sobre temas solicitados segundo as vosas necesidades.

A teoría e o coñecemento son importantes, pero a práctica é imprescindible para obter cambios e solucións reais.

O nosos obradoiros teñen un enfoque eminentemente práctico e transversal, co obxectivo de que se poidan adquirir competencias, ferramentas e estratexias mentras interactuamos e exploramos.

Cada ano organizamos unhas Xornadas nas que invitamos a profesionais destacados a compartir os seus coñecementos e experiencia no ámbito da neurodiversidade.

En anteriores edicións, tivemos con nós a relatores de prestixio como Marlene Horna e Daniel Millán.

Ademáis das ponencias, disfrutamos dun tempo máis informal e relaxado con cátering e música en directo.

Temáticas das nosas formacións

GUSTARÍACHE SABER MÁIS?

Contacta con nós

📍 O noso ámbito de actuación é a comarca do Barbanza e arredores.

Escoitámoste!

Instagram

@asociacion_agape

WhatsApp

Podes escribirnos ao 602 44 21 55

Facebook

Non te perdas nada en ÁGAPE

LinkedIn

Tamén podes atoparnos aquí