Contamos con diversos para a promoción do benestar
En ÁGAPE consideramos que o benestar socioemocional é fundamental para unha boa calidade de vida.
Por esa razón, desenvolvemos proxectos e obradoiros que contribúen a mellorar o autocoñecemento, a regulación emocional, e as relacións persoais e familiares.
Obradoiros
Habilidades Sociais
Xestión Emocional
Mindfulness
Prevención do acoso
Parentalidade Positiva
Os nosos obradoiros son espazos de aprendizaxe práctica onde nenos, nenas, adolescentes e familias adquiren ferramentas para poder aplicar no día a día.
O noso equipo interdisciplinar leva a cabo os obradoiros cunha metodoloxía participativa e vivencial, adaptándose ás necesidades de cada grupo, xa que a mellor forma de aprender é facendo, sentindo, comunicando e compartindo.
En ÁGAPE organizamos obradoiros para os soci@s e a cidadanía con regularidade, pero se queres que fagamos algún obradoiro no teu centro ou entidade, contáctanos!
GUSTARÍACHE SABER MÁIS?
Contacta con nós
📍 O noso ámbito de actuación é a comarca do Barbanza e arredores.
Escoitámoste!
Podes escribirnos ao 602 44 21 55
Non te perdas nada en ÁGAPE
Tamén podes atoparnos aquí